do

Bolsas formativas Xestión cultural museística e Arquivos e Biblioteca en Lugo

Museo Provincial de Lugo / Lugo / 14/12/12


CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE DÚAS BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE XESTIÓN CULTURAL MUSEÍSTICA E OUTRA EN MATERIA DE ARQUIVOS E BIBLIOTECA PARA O MUSEO PROVINCIAL DE LUGO. ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PH. 2012-2013.

Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria de dúas bolsas formativas para colaborar no Museo Provincial de Lugo (RMP) para 2012-2013:

  • “Xestión cultural museística” ao fin de apoiar o deseño, posta en marcha e mailo seguimento do programa de actividades culturais e didácticas do Museo Provincial de Lugo para 2012-2013.

  • “Arquivos e Biblioteca”, ao fin de colaborar nas tarefas do Departamento de Arquivos e Biblioteca do MPL con especial incidencia no inventariado e catalogación.


Requisitos

Requisitos xerais: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea. b) Estar en posesión da titulación académica requirida. c) Acreditar o coñecemento da lingua galega d) Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario. e) As demais establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso.



Sobre Museo Provincial de Lugo

Co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, en 1932, a Deputación de Lugo acorda crear o Museo Provincial de Lugo, vontade que se materializa dous anos máis tarde coa apertura no Pazo de San Marcos (baixo a dirección de D. Luis López Martí) de varias salas con materiais arqueolóxicos, históricos, artísticos, etc. ata daquela dispersos en coleccións particulares.

Otras ofertas de trabajo en Museo Provincial de Lugo