do

Bolsas Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico en Pontevedra

Diputación de Pontevedra / Pontevedra / 21/02/14


Convocatoria de catro bolsas de Licenciado en Historia ou Graduado en Información e Documentación, con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.


Requisitos

Poderán ser beneficiarios destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.

b) Estar en posesión do título de licenciado en Historia ou graduado en Información e Documentación, ou estar en condicións de o obter na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

c) Non ter cumpridos os 35 anos na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

d) Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

e) Non ter sido beneficiario dunha bolsa na Deputación de Pontevedra nin nos seus organismos autónomos de duración superior a seis meses.

f) Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polos grupos de cotización correspondentes ós niveis formativos da titulación esixida ou non ter estado de alta como autónomo por un período de tempo de duración superior a seis meses.

g) Estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Pontevedra como demandante ou en mellora de emprego.

h) Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.

i) Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.

j) Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.